EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

A Ruta do Viño de Valdeorras estrea directiva

O cargo de presidente será decidido polo novo equipo directivo nunha vindeira reunión
Un dos momentos da asemblea da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras.
Un dos momentos da asemblea da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras.

Tras moitos meses inactiva, a Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras ponse de novo en marcha. Na tarde do 3 de novembro celebrábase no edificio multiusos do Barco unha asemblea con nove puntos na orde do día. Un deles era a elección dun novo equipo directivo. Da reunión saía unha directiva formada por sete membros: 2 vogais do sector público (neste caso os elixidos foron os Concellos do Barco e da Rúa), 2 vogais das adegas e industrias agroalimentarias (Alán de Val e Godeval), outros dous das empresas do sector hostaleiro e de ocio da comarca (Pacio do Sil e Pazo do Castro) e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. Ademais acordábase celebrar unha nova reunión, desta volta só da xunta directiva, para elixir ao novo presidente desta entidade.

Asemade entre as cuestións que se aprobaban na xuntanza estaban a modificación dos estatutos para que o Inorde deixe de ser socio e a solicitude de entrada desta ruta como membro do Clúster de Turismo de Galicia de cara á súa futura integración na marca “Enoturismo de Galicia”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close