DeportesÚltima hora

Rutas en familia e tamén nocturnas para coñecer A Pobra de Trives

Este venres 4 de agosto terá lugar a o II Sendeiro Nocturno Teatralizado
Detalle do cartel da ruta de sendeirismo familiar.

Un verán máis, o Concello da Pobra de Trives pon en marcha as rutas de sendeirismo familiar dos mércores cunha nova cita para mañá 2 de agosto. Trátase da Ruta da Cabalar de aproximadamente 6 quilómetros para desfrutar dun paseo a carón do río, camiñar por entre soutos e mesmo coñecer parte da nosa historia pasando pola Fábrica de Chocolate. A saída será ás 9 da mañá diante do Concello.

E dous días despois, o venres 4 de agosto celebrarase o II Sendeiro Nocturno Teatralizado deste verán en Trives. O roteiro “un fermoso camiño de estrelas, bosques onde a animación fará que sexa unha ruta diferente”, é un percorrido circular duns 6 quilómetros que partirá dende a Oficina de Turismo (en Santa Leonor) ás 21h. en dirección á Ponte Cabalar, rematando novamente en Santa Leonor.

Dende a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal. Para máis información e inscrición na actividade (prazas limitadas), Oficina de Turismo: 988 33 09 67.

 

Detalle do cartel do II sendeiro nocturno teatralizado.

 

Artigos relacionados

Back to top button