EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Rutas guiadas en segway polos canóns do Sil

A empresa valdeorresa Enoturismo Galicia aposta por esta novidosa proposta para desfrutar da Ribeira Sacra

Participante nunha ruta en segway na Ribeira Sacra./ Foto cedida.

 

Entre as novidades da súa oferta de servizos, a empresa valdeorresa Enoturismo Galicia aposta neste ano polas rutas guiadas en segway polos canóns do Sil, pero, “cun valor engadido”, adiantan.

“Serán rutas guiadas entre sendeiros e viñedos da zona pero para desfrutar ao 100 % da paisaxe , gastronomía….. realizaremos un picnic cunha degustacion de produtos típicos da zona, sempre acompañado dos viños da Ribeira Sacra”, explica a empresa, que ofrecerá varias rutas que permitan achegarse aos diferentes miradoiros da zona.

Ademais dende Enoturismo Galicia lembran que se preparan rutas á carta en diferentes subzonas da Ribeira Sacra. “Desprazámonos a calquera lugar para facer rutas, eventos…”.

Máis información:
http://www.enoturismogalicia.es/es/turismo/rutas-guiadas-en-segway-por-la-ribeira-sacra-31

Artigos relacionados

Back to top button