CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Ruxe Ruxe de Quiroga celebra o aniversario coa actuación de Peregrino Gris

O concerto de música folk será este sábado 29 de xullo a partires das 23:45h.

A cervexería Ruxe Ruxe está de aniversario e para celebralo, organizou unha festa para este sábado 29 de xullo. Haberá paella gratis, sorpresas e a actuación estelar do grupo de folk Peregrino Gris.

Fundado en 2001, Peregrino Gris é unha banda de música celta de Costa Rica composto por catro músicos que tocan máis de tres instrumentos cada un. “A súa música é 100% orixinal, composicións propias que emocionan e transmiten a ilusion que senten tocando a música celta”, aseguran dende Hermanager Producións.

O cuarteto é organizador do Festival Intercéltico de Costa Rica e teñen participado en importantes certames de música folk de Galicia, apadriñados en moitos deles polo propio Carlos Núñez. Esta semana está de xira por Galicia e fará parada en Quiroga para promocionar o seu traballo.

A actuación no Ruxe-Ruxe será a partires das 23:45h. convidando aos amantes do folk “a gozar dun gran concerto”, aseguran dende Hermanager.

 

Cartel no aniversario do Ruxe Ruxe de Quuiroga.

Artigos relacionados

Back to top button