ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

“Saaabor!”, unha divertida proposta teatral entre fogóns, no Barco

A función representábase este mediodía na praza do Sagrado da vila

 

Unha cociña moi especial instalábase na mañá do 13 de setembro na praza do Sagrado do Barco. Rodeados de potas e diversos ingredientes dous chefs moi especiais ían amosando as súas habilidades nos fogóns ao público e, ao mesmo tempo, cociñando unha función moi divertida, dinámica e chea de humor, maxia e mesmo algunha que outra sorpresa.

Así, o público barquense desfrutaba de “Saaabor!” da man de Félix Rodríguez (membro de Odaiko, Píscore) e Fran Rei (de Falar sen Cancelas, Os Sete Magníficos). Esta proposta, dirixida por Avelino González, poñíase en escena a partir das 13h. cunha boa acollida entre o público e respectando todas as medidas de seguridade sanitarias fronte ao Covid.

O espectáculo de Culturactiva estaba ademais incluído no programa “O Cristo 2020”, organizado polo Concello do Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button