EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Sábado de compras e lecer ao aire libre no Mercadiño de Nadal da Rúa

Unha decena de artesáns expoñen e venden os seus produtos na rúa Doutor Vila

 

Dende o tradicional Pan de Cea ou os crepes e gofres cociñados no momento, ata produtos elaborados a partir da mel e mesmo queixo negro, no apartado da alimentación; e dende xoguetes de madeira, artigos de decoración, xoias e mesmo a posibilidade de serigrafiar a túa propia bolsa de tea ou facer unha chapa, no apartado da artesanía. En torno á decena de artesanos participan hoxe, sábado 4 de xaneiro, no tradicional Mercadiño de Nadal da Rúa, organizado polos propios artesanos en colaboración co Concello.

Ademais dos postos para mercar tamén hai unha sección para os máis pequenos (un paseo en peluche motorizado) e o sorteo de dous lotes de produtos donados polos propios participantes. O primeiro sorteo xa se realizou pola mañá e o segundo será pola tarde, antes do peche previsto para as 21h.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button