En portadaEntroido 2022Galerías de fotosÚltima hora

Sábado de Entroido ao ritmo dos fulións en Vilariño de Conso

 

Tras un ano marcado pola pandemia, Vilariño de Conso recupera neste sábado  22 de febreiro, o seu Entroido. Non hai festa do cabrito, pero si un completo e concurrido desfile que arrancaba ás 11:30h dende a praza ata a zona escolar.

Dende ese momento comezaban a soar os bombos e as aixadas así como as carreiras dos Boteiros do Fulión de Vilariño de Conso, que coma sempre abría o desfile. Despois viñan os fulións de Pradoalbar, do Val, Mormentelos (todos eles do concello de Vilariño de Conso), así como o de Carracedo da Serra (A Gudiña), Bembibre (Viana do Bolo) e As Maceiras (Trives).

 

 

 

Neste esperado desfile, que era seguido por numeroso público, tamén participaba o Folión de Buxán (O Bolo), As Carrelas (Viana do Bolo), A Lardeira (Trives), Manzaneda e Chaguazoso que era quen pechaba.

Durante o desfile contouse coa colaboración de Protección Civil de Vilariño de Conso e co GES da Gudiña, entre outros corpos e forzas de seguridade, que regularon o tráfico e velaron pola seguridade.

 

 

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button