DeportesGalerías de fotos

Sábado de fútbol no campo rues do Aguillón

Un empate, unha derrota e unha vitoria para a base do C.D. Rúa

Ata tres partidos de fútbol base se disputaban na tarde do sábado 11 de novembro (festividade de San Martiño) no campo rues do Aguillón, con gran ambiente no terreo de xogo, nas bancadas e tamén a pé de campo.

Os primeros en xogar eran os alevíns do C.D. Rúa e da E.D.C. Celanova, un parido que se saldaba cun empate a 2 goles. De seguido, tocáballe o turno aos benxamíns B do Rúa que perdían 0-3 ante os da E.D. Ourense.

Os últimos da tarde eran os infantís do C.D. Rúa que xogaban un encontro no que se impoñían por 4 goles a 2 aos do C.P Purísima.

Mañá pola tarde tócalle o turno ao equipo sénior que se enfrontará ao Esteo. E despois do encontro o Club Deportivo Rúa celebrará o magosto, coa presentación de todos os equipos do club.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button