OurenseÚltima hora

Sacan sen vida o corpo do condutor dun turismo envorcado no río Limia, en Rairiz de Veiga

 

Imaxe de arquivo.

 

Pouco antes das dez da mañá deste sábado 13 de agosto, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico avisaba a través do 112 Galicia dun vehículo envorcado no río Limia, no límite entre os concellos ouresáns de Rairiz de Veiga e Porqueira. No interior, había unha persoa falecida para cuxo rescate necesitaban dos medios de excarceración do parque comarcal de Bombeiros de Xinzo.

Así, foron dos primeiros grupos de intervención con quen contactou os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que nada podían facer por salvar a vida da persoa. Tamén pediron a colaboración dos voluntarios de Protección Civil, que acudiron desde ambas as bandas do río, pertencentes aos dous concellos lindeiros.

Artigos relacionados

Back to top button