DeportesÚltima hora

Sae a concurso a adquisición e instalación dun vídeomarcador no campo de Calabagueiros, no Barco

Bancadas no campo de fútbol de Calabagueiros. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A través da súa plataforma de contratación, o Concello do Barco de Valdeorras vén de publicar o concurso para a “adquisición e instalación dun vídeomarcador no campo de fútbol de Calabagueiros, cun orzamento total de algo máis de 26.000 euros”.

Tal como avanzan dende o ente local, o sistema servirá para proporcionar información e resultados tanto dos partidos de fútbol coma das demais competicións deportivas que se celebren nesta instalación, e tamén outras informacións emitidas polos clubs ou o propio Concello.

Este investimente é posible grazas ao convenio de cooperación subscrito entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Barco, sendo unha das condicións do contrato, que o vídeo marcador “deberá estar instalado no campo de fútbol antes do 22 de outubro deste ano”.

Os interesados en participar neste concurso teñen dez días de prazo, desde hoxe, presentar as súas ofertas a través da plataforma de contratación do Concello do Barco. Para a adxudicación, teranse en conta os criterios económicos, e tamén a ampliación do prazo de garantía do vídeo marcador.

Artigos relacionados

Back to top button