OurenseÚltima hora

Sae á rúa o número 33 do “Anuario da Gaita”

A publicación da Deputación conta con traballos de destacados especialistas no coñecemento da cornamusa e da súa historia

Ricardo Coelho, Xose Lois Foxo, Jorge Lira, Rosendo Fernández e Patricia Torres.

 

A Escola Provincial de Gaitas da Deputación vén de editar o número 33 do “Anuario da Gaita”, unha publicación que conta con traballos de destacados especialistas no coñecemento da cornamusa e da súa historia. A presentación desta nova edición tiña lugar na mañá do 17 de setembro no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a deputada provincial de Cultura, Patricia Torres; o director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo; e o musicólogo e colaborador da publicación, Jorge Lira.

O “Anuario da Gaita” é unha publicación “única nas súas características en Galicia e unha obra de referencia para os estudosos e amantes da cornamusa, que dota de luz a historia, a tradicións e os usos deste instrumento musical de Galicia”, sinalou Rosendo Fernández. “Trátase dunha das moitas actividades que desenvolve a Escola Provincial de Gaitas ao longo do ano a prol da nosa cultura e da nosa tradición, que achega ao lector investigación, historia, cultura e etnografía sobre o mundo da gaita”, engadiu o vicepresidente da Deputación de Ourense.

Pola súa parte, o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación explicou que o “Anuario da Gaita” ten como filosofía “recompilar os eventos máis importante que se realizan ao longo do ano, recoller traballos científicos e dedicar unha sección de pasamentos sobre persoas destacadas no mundo da Cultura”.

Artigos relacionados

Back to top button