OurenseÚltima hora

Sae á venda o CD recompilatorio “Xingra”

No disco, promovido pola Asociación Cultural “A Galleira”, participan 10 bandas da cidade de Ourense
Músicos e membros da Asociación "A Galleira" na presentacion do CD en Ourense.
Músicos e membros da Asociación “A Galleira” na presentacion do CD en Ourense.

Na mañá do sábado 10 de outubro, tiña lugar en Ourense a presentación do CD recompilatorio “Xingra”, cuxo significado é “música” en barallete (fala característica dos afiadores), promovida pola Asociación Cultural “A Galleira” co obxectivo dar a coñecer a música feita en galego na “cidade da chispa”.

O CD, saía á venda o sábado e nel participan un total de 10 bandas da cidade de Ourense, “bandas que practican estilos musicais tan diversos como o jazz, o rock, a música mestiza, o hardcore ou o folk”, tal como explican dende a propia asociación, engadindo que nel mesturánse grupos xa ben coñecidos na escea ourensá como Guezos ou Sonoro Maxín, e outros de máis recente creación como Skalingrado ou Malheira.

Artigos relacionados

Back to top button