CulturaMúsicaÚltima hora

Sae á venda “Rústica” o novo disco de Cristina Pato

Neste proxecto, a gaiteira rodeose de tres grandes músicos galegos
Portada do disco.
Portada do disco.

Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña son as catro personalidades da música galega que se uniron para dar forma ao proxecto chamado “Rústica”, un disco publicado por Fol Música que sae á venda hoxe, 10 de febreiro.

Tal como explican dende a discográfica, “Rustica” é o resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos, “é unha carta de amor ao incrible patrimonio cultural de Galicia, á amizade e á emoción”.

Cancións antigas cantadas con gran profundidade e sentimento cun desenvolvemento harmónico que as trae aos nosos días cun toque máxico dos encantos e os misterios de antano.

Gaita, acordeón, zanfona, pandeiros e voz, son os instrumentos sobre os que foron crecendo as cancións deste disco, “un tesouro agochado que agora sae á luz”.

Artigos relacionados

Back to top button