PolíticaÚltima hora

Sae adiante no Parlamento galego a proposta de Davide Rodríguez para que os escolares reciban clases de concienciación contra os lumes

Este deputado autonómico de En Marea destaca que a prevención “constitúe unha das bases fundamentais na loita contra os incendios”
O deputado de En Marea Davide Rodríguez, intervindo no Parlamento galego.

No Parlamento galego vén de aprobarse unha iniciativa de En Marea, presentada polo deputado ourensán Davide Rodríguez de Manzaneda, para que todos os escolares galegos reciban clases e charlas de concienciación contra os lumes durante o seu ensino obrigatorio, tal e como está previsto no Pladiga. Davide Rodríguez defendeu a proposta sinalando que a prevención “constitúe unha das bases fundamentais na loita contra os incendios”.

Esta iniciativa de En Marea parte da “constatación de que ao longo do ano 2017 se produciu un descenso no numero de actividades formativas e divulgativas para escolares galegos arredor das actividades contraincendios. Segundo os datos do Pladiga, estas actividades non chegaron a máis de 2.000 escolares durante o ano 2016”, indican dende este grupo parlamentario.

Coa proposta aprobada o Parlamento de Galicia “insta á Xunta de Galicia a impulsar as charlas formativas de concienciación medioambiental xa previstas no punto 6.3.2 do Pladiga para que nun prazo razonable se acade o obxectivo de que as mesmas cheguen ao 100% dos rapaces antes de que rematen a ensinanza obrigatoria”.

Artigos relacionados

Back to top button