ConcellosLaroucoÚltima hora

Saen á luz ata 4 foxos escavados na rocha tras a limpeza no Castrillón (Larouco)

Imaxe do Castrillón de Larouco tras a limpeza realizada nel./ Foto: Xeitura S. Coop.

 

Dende primeiros de outubro o equipo de Xeitura S.Coop.Gal está a traballar nun proxecto de recuperación e posta en valor do xacemento do Castrillón (Larouco). A intervención, cunha duración de 2 meses, xa está dando resultados. Así, os labores da roza e limpeza realizados ata o de agora, acaban de deixar á vista “a combinación de até catro foxos escavados en rocha na zona norte do xacemento arqueolóxico, coincidindo coa zona de acceso natural”, tal e como veñen de anunciar os investigadores de Xeitura, que veñen de realizar o seu primeiro rexistro fotográfico.

Esta primeira fase de limpeza, roza e desbroce, dará paso a unha segunda xa neste mes, que se centrará na investigación arqueolóxica e que incluirá dúas sondaxes en diferentes zonas para intentar datar o xacemento.

Esta actuación arqueolóxica, a primeira que se leva a cabo neste xacemento, partía do Concello de Larouco e está promovida pola Consellería de Cultura, en concreto pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no marco do Xacobeo 2021.

 

Artigos relacionados

Back to top button