CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Saen á venda as entradas para o SilFest Valdeorras 2022

O abono xeral é de 32 euros máis gastos de xestión e o abono para o Mini SilFest por 5 euros máis gastos de xestión

Publicidade

 

Desde hoxe 31 de maio, pódense mercar as entrada para o SilFest Valdeorras 2022, o festival multicultural que se celebrará do 21 ao 23 de xullo na praia fluvial do Malecón, a beiras do río Sil, no Barco de Valdeorras.

O SilFest Valdeorras aúna a mellor música, con León Benavente e Corizonas como cabezas de cartel, con actividades de poesía, cinema, catas de viño da Denominación de Orixe Valdeorras e natureza en estado puro, ademais do Mini SilFest, un festival paralelo que se celebra nas mesmas datas e no mesmo recinto, pero con actividades para os pequenos da casa.

O abono xeral sae á venda polo prezo de 32 euros máis gastos de xestión, e o abono para o Mini SilFest por 5 euros máis gastos de xestión, na web oficial do festival ou a través da plataforma  Wegow.

Artigos relacionados

Back to top button