ConcellosSoberÚltima hora

Saen as axudas para a rehabilitación de vivendas na ARI da Ribeira Sacra

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez comunicouno esta mañá nunha visita a Sober

O Diario Oficial de Galicia publicará este xoves, 2 de xullo, as bases reguladoras das axudas para financiar actuacións de recuperación nas vivendas situadas dentro da Área de Rehabilitación Integral (ARI) da Ribeira Sacra. Así o indicou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita a Sober, un dos 25 concellos que integran o ámbito de actuación desta nova ARI.

 

Durante a visita a Sober.

 

Unha vez publicadas as bases cos criterios e condicións que regularán o acceso ás axudas, a conselleira explicou que “en cuestión de días procederase á súa convocatoria pública para o ano 2020”. A dotación inicialmente prevista ascende a 850.000 euros, uns fondos que se destinarán a financiar actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios localizados dentro da ARI, que foi declarada o pasado 21 de febreiro no marco do Plan de Acción Estratéxico da Xunta para reactivar urbanística e ambientalmente a Ribeira Sacra e está xestionada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) debido ao seu carácter supramunicipal.

Ademais, a conselleira indicou que acaban de concedérselle ao Concello de Sober dúas novas axudas con cargo á convocatoria 2020 do programa de vivendas de mestres, o que lle permitirá investir máis de 116.000 euros na restauración de dous inmobles no Lugar de Vilarmaior e doutro máis na rúa Comercio.

 

 

Así, o alcalde e a conselleira visitaron as tres vivendas propiedade do Concello que foron restauradas nos últimos anos con cargo ás axudas do Programa de vivendas de mestres e outros oficios de 2018, localizadas no Bario de Outeiro (a que se visitou) e na Praza do Pulpo. A Consellería realizou un investimento final de 92.200 euros na rehabilitación destes tres inmobles, que se adxudicarán en réxime de vivenda protexida.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button