En portadaÚltima hora

Saída de vía dun camión na estrada OU-533, na Gudiña

Como consecuencia do accidente, que se producía na pasada madrugada, resultaba ferida unha persoa

En torno ás 4:40h. da pasada madrugada tiña lugar un accidente na estrada OU-536 a uns seis quilómetros da Gudiña. Un camión saíase desta vía, moi afectada pola xeada, e como consecuencia a persoa que o conducía resultaba ferida.

Ata o lugar desprazábase de inmediato o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Gudiña, así como unha ambulancia do 061, que trasladaba ao ferido a un centro hospitalario.

Artigos relacionados

Back to top button