ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Saída de vía dunha moto na estrada OU-533 en Viana do Bolo

 

Pouco antes das 11h. deste domingo 7 de marzo producíase un accidente de tráfico na OU-533 (A Rúa-A Gudiña), no termo municipal de Viana do Bolo. Unha motocicleta saíase da vía no punto quilométrico 6 desta estrada.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) A Gudiña, a Policía Local de Viana, unha ambulancia do 061, a Garda Civil Tráfico e Protección Civil da Gudiña. O condutor da moto resultaba ferido leve e era trasladado para recibir atención no hospital.

Fotos cedidas.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button