ConcellosÚltima hora

Saída de vía en Vales, no municipio do Barco de Valdeorras

O accidente tiña lugar pasadas as catro e media da tarde do 27 de setembro á entrada da localidade barquense

Dous accidentes de tráfico se rexistraban na xornada do 27 de setembro en Valdeorras. Apenas catro horas despois do choque entre dous vehículos no casco urbano de Petín, o 112 Galicia recibía unha nova chamada desta volta dende o municipio do Barco de Valdeorras.

Pasadas as catro e media da tarde, tiña lugar unha saída de vía na estrada de entrada á localidade de Vales. O vehículo envorcaba e quedaba tumbado do lado do condutor, deixando como resultado unha persoa ferida que era trasladada ao Hospital Comarcal Valdeorras.

Ata o lugar desprazábanse o GES, os bombeiros, o 061 e a Policía Local do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button