Pasadas as cinco desta tarde de 8 de novembro producíase unha saída de vía dun coche que circulaba pola estrada N-120, xusto no límite entre as comarcas de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo). Ata o lugar do accidente desprazábase de inmediato a Garda Civil de Tráfico.
Segundo as primeiras informacións, a persoa que conducía o vehículo non resultou ferida. Ata o lugar tamén se desprazaba unha grúa.