ConcellosÚltima hora

Saída de vía na estrada N-120 no límite entre Valdeorras e Quiroga

Pasadas as cinco desta tarde de 8 de novembro producíase unha saída de vía dun coche que circulaba pola estrada N-120, xusto no límite entre as comarcas de Valdeorras (Ourense) e Quiroga (Lugo). Ata o lugar do accidente desprazábase de inmediato a Garda Civil de Tráfico.

Segundo as primeiras informacións, a persoa que conducía o vehículo non resultou ferida. Ata o lugar tamén se desprazaba unha grúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button