En portadaÚltima hora

Saída de vía na N-120 ao seu paso por Vilamartín de Valdeorras

Un veciño da Rúa resultaba ferido ao envorcar o seu coche na madrugada do 22 de febreiro

A estrada N-120 vén de rexistrar un novo accidente de tráfico ao seu paso por Valdeorras. Desta volta trátase dunha aparatosa saída de vía que tiña lugar na madrugada do 22 de febreiro.

O aparatoso accidente tiña lugar en plena curva, nas proximidades de Pizarras Gallegas (punto kilométrico 459, 900) no termo municipal de Vilamartín de Valdeorras. Por causas que se descoñecen, o vehículo (un turismo) saíase da estrada e acababa envorcado na cuneta.

Para atender o sinistro e auxiliar á víctima (un veciño da Rúa) foi necesario desprazar ao lugar “unha ambulancia do servizo de urxencias médicas 061, uhna patrulla da Gardia Civil de seguridade cidadá do posto da Rúa, unha patrulla de motoristas do destacamento do Barco de Valdeorras e un equipo de atestados do destacamento de tráfico de Verín”, tal como explican dende a Garda Civil, asegurando que o condutor e único ocupante era trasladado “con pronóstico grave” ao Hospital do Barco de Valdeorras.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button