ConcellosÚltima hora

Saída de vía no termo municipal de Viana do Bolo

Un turismo saíase da estrada entre Pixeiros e Bouza na tarde do 25 de outubro

O turismo envorcado no municipio de Viana do Bolo.

 

A xornada do 25 de outubro está sendo especialmente complicada no oriente ourensán e sur de Lugo, con ata tres accidentes de consideración. Pola mañá, un veciño de Quiroga era evacuado en helicóptero tras sufrir un corte no seu domicilio e pola tarde, pasadas as oito e media producíase un accidente de tráfico con feridos nas proximidades de Montefurado.

Ademais, en Viana do Bolo producíase en torno ás sete e media unha saída de vía. Trátase dun turismo cun único ocupante que se saía da estrada entre Pixeiros e Bouza quedando envorcado nun paso de auga. Dado o aparatoso da caída, a condutora non podía saír do vehículo pero finalmente sacábana sen sufrir danos. O turismo quedaba encaixado polo que aínda non foi retirado e posiblemente necesiten unha grúa con pluma para sacalo.

Ata o lugar acudiron o GES A Gudiña, dúas ambulancias do 061 (a de Viana e a da Gudiña) e Tráfico de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button