CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Saída dos Felos de Maceda co ano novo

Deste xeito celebraban o 3 de xaneiro a declaración deste Entroido como Festa de Interese Turístico de Galicia

Recén estreado o 2015, os felos saían á rúa. Coas súas máscaras, chocos e caxatos percorrían as rúas de Maceda na noite do 3 de xaneiro. Deste xeito retomaban a tradición, xa que era costume saír dende o 1 de xaneiro, pero facíano de forma organizada para celebrar o feito de poder contar neste Entroido coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta distinción foi promovida dende a Asociación Felos da Corga da Serra.

Percorrían as rúas de Maceda e facíano ademais acompañados por un grupo de veciños deste municipio ourensán, que ían disfrazados. O punto de partida era o edificio multiusos. Tras o percorrido, tiña lugar unha cea no Castelo de Maceda e unha nova saída polo pobo acompañados dunha charanga.

O programa de actos previos ao Entroido continuará o 19 de xaneiro coa inaguracion dunha exposicion de fotografías no colexio público de Maceda. Tamén se incluirán charlas para os nenos sobre como se viste un Felo, así como as normas, características e formas de comportarse destea figura enmascarada.

A data na que os Felos pecorrerán os pobos da serra será o Sábado de Entroido, o 14 de febreiro. Ao longo de toda xornada visitarán as diferentes aldeas.

O programa do Entroido de Maceda, que incluirá ademais outras actividades, será organizado entre o Concello, A Asociacion dos Felos e a Asociacion do Entroido Quente.

Fotos: Rita Blanco.

Artigos relacionados

Back to top button