EconomíaEconomíaÚltima hora

O Salón do Automóbil pecha en Expourense con case 400 vehículos vendidos

Segundo o recinto feiral ourensán, esta novena edición contou con 14.000 visitas entre o de Ocasión e o do Vehículo Novo
Vehículos de ocasión co cartel de “vendido”.

O cartel de “vendido” foi o que máis viron os visitantes desta última xornada do noveno Salón do Automóbil, con gran éxito de público e vendas, mantendo as cifras da edición de 2016, aseguran dende Expourense. En total, entre o Salón de Vehículo novo celebrado o fin de semana pasado e o de Ocasión que hoxe, 29 de outubro, remata, os concesionarios participantes estiman unha venda de preto de 380 automóbiles.

No que se refire ao público, a organización calcula que foron sobre 7.000 visitas, polo que entre os dous fins de semana o recinto feiral recibiu ao redor de 14.000 visitas.

A falta do último reconto de cifras de vendas “os concesionarios participantes están moi contentos cos resultados obtidos. A edición de 2016 foi espectacular superando os 400 coches e tiñamos dúbidas sobre se volveriamos alcanzar esa cifra. Nesta movémonos/movémosnos en cifras parecidas e co dos próximos días estaremos preto desa cifra” segundo palabras de Gerardo Aragonés, vicepresidente de ACAUTO.

Á hora de comprar un coche de ocasión, desde ACAUTO, recomendan acudir a profesionais xa que estes ofrecen unhas garantías inexistentes entre as transaccións entre particulares. Por lei hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas as que estenden estas garantías ata dous anos ou máis no caso de coches seminuevos (de 0 a 3 anos), outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, do que se encarga o profesional.

Artigos relacionados

Back to top button