DeportesÚltima hora

A saltadora valdeorresa Leticia Gil, quinta no campionato de España absoluto

Lograba unha marca de 6,16 m nesta competición nacional de atletismo en pista cuberta celebrada en Valencia
A atleta valdeorresa Leticia Gil./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ata os 6,16 m chegaba no seu salto a valdeorresa Leticia Gil na proba de lonxitude no LIII Campionato de España absoluto de atletismo en pista cuberta, que se celebraba na fin de semana do 17 e 18 de febreiro en Valencia. Esta atleta, que viste a camiseta do Simply-Scorpio 71, conseguía con este destacado resultado un quinto posto na clasificación, segundo as actas da Real Federación Española de Atletismo. Ao haber unha saltadora estranxeira na proba, que foi segunda, Leticia Gil pasaría a ocupar o cuarto posto no campionato.

Tamén en Valencia competían outras dúas atletas vencelladas a Valdeorras, pero coas cores do Clun Adas Proinor. Así Sandra Mosquera acadaba marca persoal nos 1.500 m, sendo quinta na súa serie semifinal con 4:34.20, mentres que Leticia Fernández entraba sétima na final dos 3.000 m, cunha marca de 9:26.33.

Artigos relacionados

Back to top button
Close