CulturaCulturaÚltima hora

“Salvador”, o novo proxecto escénico de Borja Fernández, no Barco

Poderá verse o venres 23 de marzo ás 21h. no escenario do Teatro Lauro Olmo

 

Borja Fernández, nunha das escenas de “Salvador”.

 

Viaxes de non retorno máis alá do Atlántico, búsquedas, encontros… Son algúns dos piares nos que se apoia “Salvador”, un singular e novidoso proxecto escénico que poderá verse o vindeiro 23 de marzo ás 21h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Esta peza de Borja Fernández móvese “entre o documental e a ficción teatral, con especial énfase na combinación de texto, movemento, música en directo, e novas tecnoloxías”, segundo o seu promotor. Partindo da figura do seu avó, emigrado ao Brasil e ao que nunca chegou a coñecer, Fernández plantexa nesta obra un proceso de búsqueda seguindo as súas pegadas.

“Salvador” é un proxecto escénico para un “actor/músico e unha video jockey/manipuladora de obxectos, sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros”.

Artigos relacionados

Back to top button