DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Salvour, campión galego máster no campionato de salvamento celebrado en Ourense

Os ourensáns Silvia Fernández e Jesús Quintas foron os mellores máster -45 na proba disputada na piscina Rosario Dueñas

Once clubs galegos e case 250 deportistas déronse cita esta fin de semana na piscina Rosario Dueñas de Ourense, onde tiña lugar o campionato galego de salvamento e socorrismo, organizado pola Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) en colaboración co Club Salvamento Ourense (Salvour).

Diante dun numeroso público (máis de 600 persoas desfrutaron do evento dende as bancadas) o equipo Umia de Caldas de Reis proclamábase campión absoluto, seguido do Salvamento Sasa de Sada e do Salvamento Arteixo. Por categorías, o Sasa vencía en xuvenil; o Sysca de Carballo en júnior; o Umia en sénior; e o equipo anfitrión, o Salvamento Ourense, en máster.

O club ourensán proclamábase así campión galego na categoría máster, sendo Silvia Fernández López a mellor deportista márter -45 feminina do campionato, e Jesús Carlos Quintas Barros o mellor deportista máster -45 masculino. A nivel individual dende o Salvour destacan “as boas actuacións das xuvenís Eva Espinosa e Silvia Quintela que quedaron ás portas do medalleiro”. En júnior, Andrea Bello conseguía varios metais de prata e bronce; e Noel Quiroga lograba a prata en 200 obstáculos. En sénior, Ecequiel Quiroga era bronce nos 200 metros obstáculos.

A “chuvia de medallas chegou coa participación dos máster”, aseguran dende Salvour. Jesús Carlos Quintas sumaba 8 metais (5 individuais e 3 relevos) case todas de ouro; Roberto Naranjo 7, destacando a súa vitoria nos 200 obstáculos +45 e nos 100 socorrista; Julio Iglesias Fernández 4, destacando a vitoria na proba de 50 arrastre de maniquí; Marcos Estévez 2 ouros e 2 pratas; e José Manuel Paredes 1 ouro e 2 pratas. Con respecto ao equipo feminino, destacaron Silvia Fernández López con 4 ouros e 1 prata; María López con 3 ouros; e Marta Estévez con 2 ouros.

Artigos relacionados

Back to top button