CulturaEducación

“Samaín na Escola” no CEIP de Vilamartín de Valdeorras

Xornada de convivencia entre os celexios Xosé Manuel Folla Respino e San Clodio (Ribas de Sil)
Alumnos e profesores dos dous centros. /Foto cedida por Gelines Trincado.
Alumnos e profesores dos dous centros. /Foto cedida por Gelines Trincado.

No ensino non hai fronteiras, polo menos xeográficas, e os colexios de Educación Infantil e Primaria de Vilamartín de Valdeorras e San Clodio de Ribas de Sil, demostrárono co programa de convivencia que comezaban aló polo mes de xuño deste mesmo ano 2014. Daquela, os cativos e mestres do centro valdeorrés desprazábanse ata o colexio lucense para compartir con eles unha xornada de actividades educativas e de lecer. Apenas catro meses despois, o 29 de outubro, a visita sería á inversa e os membros do CEIP de San Clodio coñecían de primeira man as instalacións do CEIP Xosé Manuel Folla de Vilamartín, desenvolvendo un completo programa en torno á celebración do “Samaín na Escola”.

O programa comezaba ás 10.30h. coa presentación da xornada de convivencia dando paso a unha visita guiada polo centro e o comezo dos obradoiros por ciclos, na honra ao Samaín. Os alumnos de Infantil traballaron sobre carautas, pantasmas e móbiles de cabazas; os de 1º Ciclo, con caixas de caramelos; os do 2º Ciclo, con móbiles e encrucillados; e os do 3º ciclo, con comida mostruosa e manualidades.

Un dos obradoiros sobre o Samaín. /Foto cedida por Gelines Trincado.
Un dos obradoiros sobre o Samaín. /Foto cedida por Gelines Trincado.

Xa en torno ao mediodía tocaba elexir as mellores cabazas para dar paso as actividades que se desenvolverían no salón de actos: mostra de debuxos, lectura de contos, bailes, cancións e entrega de agasallos ás cabazas gañadoras.

A xornada incluíu xantar no comedor escolar, tempo de lecer e entrega de agasallos á hora da despedida.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button