CulturaCulturaÚltima hora

Samuel L. París continúa o ciclo “De Perto” coa súa poesía

O escenario mudou dos xardíns da Casa Grande de Viloira á sala Julián Trincado por mor da tormenta

 

Samuel L. París continuou co ciclo “De Perto” do Barco nesta tarde de 8 de xullo. A súa poesía mudou de escenario, xa que por mor da tormenta a actuación trasladábase dos xardíns da Casa Grande de Viloira á sala Julián Trincado, situada neste mesmo lugar.

A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, abría o acto definindo a poesía de Samuel L. París como “unha poesía sen filtro. O que me gusta é que Samuel saca a poesía dos altares e a leva ás rúas e ás escolas”.

 

 

Paco Macías, director da editorial “Edicións Positivas” durante o acto.

 

Ademais de presentar o seu novo libro de poesía “Hecatombe”, o autor daba a coñecer “Internacional de poesía anarquista”, unha antoloxía de textos anarquistas de todo o mundo seleccionados por el, pero achegados por varios autores e colectivos, entre os que figura o valdeorrés, M.M.D.M.D.M.D.M.A.

Ademais, explicou que “no confinamento tiña tanto tempo que se me ocurriu que, a través das redes sociais, a xente me propuxera títulos e partir de aí facer poemas”.

 

 

O acto tamén contaba coa presenza de Paco Macías, o director de “Edicións Positivas” (editorial da antoloxía “Internacional de poesía anarquista”), quen defendeu que “a poesía debe ter liberdade” recitando un poema do autor galego Manuel Antonio.

Fotos: Alba Prada, agás as tres últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button