ConcellosÚltima hora

San Cibrao das Viñas recibriá case 40.000 euros para a mellora de vías municipais

Ánxeles Vázquez e Manuel Pedro Fernández.

A conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, recibiu hoxe en San Caetano ao alcalde San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, co que tratou diversos temas de interese para a mellora das infraestruturas do agro neste concello ourensán.

En particular, o rexedor e a conselleira “avaliaron a colaboración en materia de mellora de camiños”, sinalaron fontes de Medio Rural. San Cibrao das Viñas vaise beneficiar este ano dunha achega de 38.134,80 euros dentro do Plan de mellora das vías de titularidade municipal aprobado pola Consellería e que suporá un investimento total de preto de 3,7 millóns de euros en toda a provincia ourensá.

 

Artigos relacionados

Back to top button