OurenseÚltima hora

San Mamede (Vilar de Barrio) recupera a súa romaría despois de doce anos sen celebrarse

Terá lugar neste xoves 15 de agosto, ás 11:00 horas con diversos actos

 

Programa da actividade.

 

A capela de San Mamede, no concello de Vilar de Barrio, volverá a ser escenario da súa romaría despois de non celebrarse nos últimos doce anos. Así, terá lugar mañá, xoves 15 de agosto, ás 11:00 horas.

Comezará no Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”, con talleres para os cativos, mentres que os deportistas de montaña BTT e sendeiristas comezarán o ascenso ata chegar aos máis de 1 600 metros de altitude nos que se sitúa a capela. Unha vez arriba, celebrarase un xantar popular amenizado por música e xogos.

Ademais, poderase  subir ata Rebordechao ou o Caudillo  en autobús. O prezo do autobús, a actividade e o xantar será de 12 euros. As prazas son limitadas e os interesados deberán chamar ao 651 01 74 16.

“Temos garantida a participación de máis de máis dun cento de persoas. Queremos que ao rematar este verán a nosa veciñanza de Vilar de Barrio mire con outros ollos a súa serra. Ben como ese lugar de esparexemento simbólico, ben como o recurso para un desenvolvemento sostible do municipio. Antes en exclusiva vinculados ao sector primario e agora abrindo a porta a outras posibilidades”, asegura Manuel Conde, alcalde de Vilar de Barrio.

Artigos relacionados

Back to top button