DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A San Martiño 2016 agarda superar os 11.700 inscritos do ano pasado

Ábrese o prazo de inscrición para a 40 edición da carreira popular pedestre de Ourense

Un magosto popular no campo da feira como maior novidade e a colaboración solidaria con asociacións contra o cancro e Stop Accidentes, aderezarán a 40ª San Martiño, unha proba que quere “ser cita ineludible na axenda social e deportiva desta cidade e bater todos os rexistros de participación”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Xunto ao rexedor de Ourense, a presentación da cuadraxésima edición da carreira popular pedestre que se celebrará o 20 de novembro polo casco urbano da cidade, tiña lugar na mañá do 14 de outubro no Salón de Plenos do Concello, contando coa asistencia de Julio Fernández, un dos pioneiros da San Martiño, organizadores, patrocinadores e colaboradores.

O ano pasado foron 11.716 os inscritos na carreira (2.337 cativos e 4.000 escolares), cun 28% de participación feminina, segundo apuntou a coordinadora do Consello Municipal de Deportes (CMD), Marta Míguez. Para esta edición, xa está aberto o prazo para as tres categorías: absoluta (10 km homologados pola Federación Española de Atletismo), Escolar (4,7km) e Cativos (1,9 km), a través das páxinas web do CMD (http://www.deportesourense.com/) e de Championchip (https://championchipnorte.com/evento/detalle/page/4/id/971/xl-carreira-pedestre-popular-san-martino-2016)

O prazo de inscrición para a recollida anticipada de dorsal, chip e camiseta é ata o 5 de novembro podendo facerse on line ou ben nas propias dependencias do CMD. Neste caso a recollida será os días 17, 18 e 19 de novembro de 2016. A recollida do resto de chips (agás os que o teñan en propiedade), dorsais e camisetas será o venres día 18 de novembro de 16h. a 20h. e o sábado día 19 de novembro de 9h. a 20h. na cancha central do Pavillón dos Remedios. Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de chips, dorsais e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual. A organización disporá dun servizo de gardarroupa, que deberá solicitar na inscrición.

Fotos: Sara Fontenla.
Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button