ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

San Roque regresa á súa capela trala procesión pola Rúa Vella

As festas na súa honra rematan mañá coa actuación da orquestra París de Noia

Dous días despois do seu traslado á igrexa parroquial de Santo Estevo, a imaxe de San Roque regresaba á capela construída na súa honra, no campo do mesmo nome, na Rúa Vella. Facíao no mediodía do domingo 20 de agosto na procesión que tiña lugar trala misa maior.

A multitudinaria comitiva, partía de Santo Estevo preto das 13:30h. acompañada pola Banda Municipal de Xinzo de Limia que amenizou a sesión vermú no campo de San Roque. Xa na capela, os devotos achegáronse ata o santo para pedirlle un favor ou simplemente tocar a imaxe.

As festas na Rúa Vella continúan hoxe cun concerto da banda de música ás 19h. na praza César Conti e a actuación, xa no campo de San Roque, da orquestra Venezia. Mañá 21 de agosto haberá pasarrúas dos gaiteiros Airiños de Portela, misa campestre (12:30h.) e sesión vermú a cargo de Danzalia. Pola tarde, a partires das 18h. haberá actividades para os máis cativos que coma sempre acabarán cunha batalla de auga rematando o programa co prato estrela: a actuación da orquestra París de Noia.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button