DeportesÚltima hora

San Xoán de Río acollerá esta fin de semana o 1º Maratón de Futsal

As finais xogaranse o domingo 23 de xullo pola tarde no pavillón deportivo
Un partido de fútbol sala. /Foto: Carlos G. Hervella.

Na procura de maior intensidade e atraer máis público, a Asociación Cultural RíoMola decidía cambiar o formato do campionato dos anos anteriores e organizar o 1º Maratón de Fútbol Sala que se celebrará esta fin de semana (sábado 22 e domingo 23 de xullo), no pavillón de San Xoán de Río.

A inscrición custa 50 euros por equipo e os cartos recadados destinaranse integramente para os mellores clasificados. O campión do torneo percibirá o 60%, o segundo clasificado o 30% e o terceiro clasificado o 10%. O límite para anotarse é mañá, xoves 20 de xullo ás 12 da noite, e pódese facer chamando ao teléfono: 664 14 03 82.

Tal como explican dende a organización, se algún xogador ou grupo de xogadores quere participar no torneo e non reúne o mínimo dispoñible para completar un equipo, pode poñerse en contacto coa asociación “e buscarase montar un equipo entre toda esa xente ou que xoguen con algún dos equipos xa anotados”.

O venres celebrarase o sorteo e elaborarase o calendario de xogo. O sábado disputaranse as fases de grupos e xa o domingo xogaranse as fases finais. A loita polo 3º e 4º posto será pola tarde e a final acto seguido coa idea de rematar antes das 21h.

 

Cartel do maratón.

Artigos relacionados

Back to top button