ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río aposta polo empoderamento dixital dos maiores

O Concello organizaba unha primeira fase formativa neste senso que vén de rematar e prepara unha segunda

Publicidade

 

A finais de novembro finalizaba a primeira fase do proceso de dixitalización dos maiores de San Xoán de Río. Nesta actividade formativa tomaban parte 2 grupos, cun total 11 participantes. “Varios dos usuarios nunca tocaran un ordenador e a ilusión e as ganas de aprender fan que xa nos pediran unha segunda fase para seguir empoderándose dixitalmente”, asegura o rexedor de Río, Xosé Miguel Pérez.

Esta nova fase do proceso de dixitalización está prevista para o vindeiro 2022, tal e como adiantan dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button