ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río baralla xa dúas opcións para o seu novo escudo e bandeira

Antes de escoller, o Concello escoitará a opinión dos veciños e a decisión final tomarase no pleno

 

A finais de xuño representantes do Concello de San Xoán de Río mantiñan unha xuntanza coa Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia para valorar as propostas máis axeitadas de cara á aprobación oficial dun novo escudo, así como a súa bandeira correspondente. En ambos casos buscaban propostas “acordes en todo momento á historia e ao patrimonio cultural e natural do Concello”.

Apenas quince días despois desa solicitude a Comisión de Heráldica remitíalle ao Concello dúas propostas para un novo escudo e bandeira oficial, buscando evitar os problemas e inexactitudes existentes no escudo que actualmente está en uso, cuxas representacións heráldicas e composición non responden aos informes e normativas inicialmente aprobadas ao respecto.

 

Escudo actual do Concello de San Xoán de Río.

 

As dúas novas propostas recordan “a prolongada vinculación e o podero influxo da orde militar sanxoanista (a SOMH de San Xoán de Xerusalén, dita de Rodas, dita de Malta) nas terras e o entorno natural do que hoxe é o termo municipal de San Xoán de Río. Ao propio tempo, aínda que agora só como moi oportunos complementos, considérase axeitado incorporar sendas ramas de castiñeiro como alusión clara e directa á súa importante riqueza forestal, na que predomina dita especie arbórea, e dispoñer o campo ou algunhas das súas figuras co metal áureo (amarelo) como alusión meramente simbólica á célebre mina de ouro romana de Os Biocos, singular por ser escavada en rocha e situada dentro deste mesmo termo municipal”, tal e como exposición a comisión na comunicación remitida ao Concello.

Opción 1: de ouro (amarelo) e sobre ondas de azul e prata, unha ponte deste mesmo metal, sumado dunha torre e da cruz sanxoanista, entre outros elementos.

 

Opción 2: vermello sobre ondas azuis e prata, unha ponte de ouro, unha torre do mesmo cor e a cruz sanxoanista.

Esas mesmas propostas plasmánse tamén no relativo á bandeira ou enseña municipal.

Opción1

Opción 2

Antes de seleccionar unha destas dúas opcións, tanto no escudo como na bandeira, o Concello de San Xoán de Río escoitará a opinión dos seus veciños e logo tomará unha decisión en pleno.

Artigos relacionados

Back to top button