San Xoán de Río celebra este venres o Xantar do Emigrante

A verbena correrá por conta da cantante galega Pili Pampín e da orquestra Atenas

Segunda semana do mes de agosto, de novo cargada de actividades en San Xoán de Río. Campionatos de tenis de mesa, de fútbol indoor 3×3, concurso de triples, obradoiro de igualdade e cine, dende o luns ata hoxe, mércores día 8.

E para mañá, xoves día 9 hai programadas dúas actividades destacadas: unha cata de viños no Centro Social ás 19h. e o festival de xoves artistas Forever Young coas actuacións no campo da festa de Loro (Lorena Osorio) e Canela Cafuné a partires das 22:30h. contando ademais cunha artista convidada.

Con todo, o día central das festas en San Xoán de Río será o venres 10 de agosto. A partires das once da mañá abrirase a VI Feira de Artesanía e ás 14h. celebrarase o Xantar do Emigrante (15 euros) contando ademais cunha pulpeira. O baile en sesión de tarde e verbena correrá a cargo da orquestra Atenas, pero será en torno á unha da madrugada cando suba ao escenario a cantante galega Pili Pampín.

As actividades continuarán o sábado día 11 coas fases previas do campionato de tute no bar Cruceiro (17h.) e a festa da escuma e inchábeis na praza do Concello. E xa de noite, a partires das 23h. o campo da festa acollerá o festival Rock in Río coas actuacións de Trouble Solved, Derroche e Dj Coronas xa de madrugada. As finais do campionato de tute serán o domingo a partires das cinco da tarde.

As fotos da galería (AC RíoMola) corresponden á cea de Mouruás e o monólogo de Alberte Montes, celebradas a pasada semana.

 

 

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies