ConcellosÚltima hora

San Xoán de Río celebra a súa Festa de Verán

Será o 5 de agosto e incluirá unha mostra artesanal, xantar popular, xogos e baile coa orquestra Élite
Veciños de San Xoán de Río durante unha celebración anterior./ Foto cedida.
Veciños de San Xoán de Río durante unha celebración anterior./ Foto cedida.

Coa apertura da IV Feira artesanal comezará o vindeiro 5 de agosto en San Xoán de Río a Festa Verán 2016. Esta mostra encherá de postos de produtos artesanais e ecolóxicos, entre outros, a rúa principal da localidade.

A partir das 13:30h. o pavillón municipal acollerá o xantar popular, que estará amenizado por unha charanga. Nesta edición a organización vén de modificar o formato desta comida e así, en lugar dunha entrada fixa cun prezo, serviranse racións de empanada, cordeiro, bica, etc. Calcúlase que poderían reunirse en torno a mesa unhas 300 persoas.

Para comodidade da xente montarase unha cantina no pavillón. Aínda que non é necesario reservar para asistir ao xantar, recoméndase avisar no Bar Cruceiro do número de persoas interesadas en asistir para que dese xeito a organización poida calcular a comida necesaria. Ademais poderase comer ata bastante tarde (15:30-16:00) para facilitar a asistencia da xente que traballa lexos de Río ese día.

Xa pola tarde realizaranse diversas actividades e xogos polas rúas do concello. Na tardiña e pola noite será a orquestra Élite a encargada de animar a todos os presentes. Tralo descanso para a cea, haberá unha gran verbena ata altas horas da madrugada. Tamén se disporá dun bar na festa co que neste día multiplicaranse por 3 os bares do concello.

Artigos relacionados

Back to top button