ConcellosÚltima hora

San Xoán de Río celebrará o Nadal por todo o alto

Os cativos e a solidariedade son os eixos nos que se asenta o programa organizado pola AC RíoMola e o Concello
San Xoán de Río felicita o Nadal.

A Asociación Cultural RíoMola e o Concello de San Xoán de Río presentan a súa proposta de actividades para este Nadal. Unha potente programación que se asenta sobre dous eixos: os máis cativos e a solidaridade, con tres iniciativas que durarán practicamente durante todas as festas.

A primeira é RíoSolidaRio que se celebrará do martes 26 ao sábado 30 de cecembro. Tratase da primeira recollida de alimentos non perecedeiros da localidade, na que baixo o lema “Gota a gota somos un Río de solidariedade” pretenden crear o primeiro banco de alimentos de San Xoán de Río, onde se colocarán 3 puntos de recollida: a Casa do Concello, a tenda da Itas e o Super da Luz. Para ver os puntos de recollida en concellos veciños ou como colaborar a distancia poñerse en contacto coa Asociación Cultural RíoMola. Ademáis o sábado 30 na feira haberá un posto de recollida de alimentos. Todos os alimentos serán entregados o Martes día 2 de Xaneiro a Asistenta Social do Concello e repartidos entre as familias que mais o necesitan.

Outra das actividades propostas é o concurso de debuxo (en calquera formato) co tema “O Nadal no teu pobo”, no que os participantes deberán plasmar nun debuxo o que significa o Nadal para eles. A data límite para entregalo é o día 3 de xaneiro no Concello ou no local da AC RioMola. Os premios entregaranse na cabalgata de Reis do 5 de xaneiro.

E a terceira, é un concurso de microrrelatos sobre o tema “O Nadal no teu pobo” (limite un folio por ambas caras). Pode estar escrito a man en galego ou castelán e a data de entrega é o día 3 de xaneiro no Concello ou no local da AC RioMola. Entregarase o relato sen nome, e con el un sobre branco pechado co nome do autor, enderezo e teléfono. Os premios tamén se entregarán na cabalgata.

Estas son as principais actividades programadas neste Nadal en San Xoán de Río pero non as únicas. Este sábado 23 de decembro celebrarase a partires das 16h, no local da Asociación (praza do Concello), un Obradoiro de Decoración de Nadal. Ao finalizar, os participantes deprazaranse ate a praza Pedro Fernández para decorala con todo o material feito. Aadeamis, o mércores 27 de decembro os máis cativos terán a visita a Pazolandia, tendo ata o día 22 para anotarse no Concello. 

O sábado 30 de decembro pola mañá, celebrarase a última feira do ano e xa pola tarde chegará un dos pratos fortes deste Nadal: a Gran Festa do Fútbol Sala a partires das 17h. no polideportivo. Para acceder ao recinto, tanto espectadores como xogadores deberán entregar alomenos 1 Kg de alimentos non perecedeiros para a campaña RíoSolidaRio. Con cada kg. de alimentos cada asistente recibirá un boleto para o sorteo de múltiples premios coma entradas para ver o RC Deportivo da Coruña contra o Valencia, camisetas de distintos equipos de primeira división e moitas máis sorpresas.

Xa no 2018, o xoves 4 de xaneiro chega o teatro a Río a cargo das titiriteiras de MarEar (Reme e Ana), que representarán a obra “O apalpador”, un contacontos para toda a familia. Será a partires das 17h. no Centro Social. E o venres día 5 celebrarase a Cabalgata de Reis. “Este ano con moitísimas sorpresas que ninguén debería perderse”, avisan dende a AC RíoMola. Será a partires das 16h. polas rúas de San Xoán de Río, rematando no Centro social cunha gran chocolatada e agasallos para os máis novos.

Tamén haberá proxeccións cinematográficas no local da asociación (o xoves 28 de decembro e o mércores 3 de xaneiro) a partires das 16:30h; e outras actividades que serán publicadas na páxina de Facebook de RíoMola durante os vindeiros días.

 

Artigos relacionados

Back to top button