ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río contará cun centro de interpretación da gaita

Así se acordaba no encontro que o seu alcalde vén de manter en Ourense co director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e da escola provincial de gaitas

O alcalde de San Xoán de Río (no centro da imaxe) durante a visita ao Museo Internacional de Cornamusas en Ourense./ Foto cedida.

 

Despois da exitosa exposición de gaitas primitivas en San Xoán de Río este verán e da exposición virtual (https://www.gaitasprimitivas.com/), o alcalde do concello de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, vén de manter en Ourense un encontro co director da Real Banda de gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo. Ademais visitaba a Escola de Gaitas da Deputación de Ourense e o Museo internacional de cornamusas.

Na visita estudáronse as posibilidades de dixitalización do museo e de varias iniciativas que convertan a Ourense na capital mundial da gaita e nun lugar de peregrinaxe para todos os gaiteiros do mundo, segundo se informa dende o Concello de San Xoán de Río.

Por outra banda, chegouse ao acordo de que San Xoán de Río conte cun centro de interpretación da gaita, “no que o Concello ceda un local municipal e teña unha exposición permente referida a gaita, cambiando os elementos a mostrar con certa perioricidade, sendo o lugar onde se fixe a sede da Escola de Gaiteiros de San Xoán de Río e da Banda de Gaitas do Concello de San Xoán de Río, un lugar de aprendizaxe musical e unha potente programación musical vinculada a este centro”, segundo adianta o seu alcalde.

 

Artigos relacionados

Back to top button