ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río contará cun novo escudo e cunha bandeira oficial

Serán creados pola Comisión de Heráldica e "acordes en todo momento á historia e ao patrimonio cultural e natural do Concello", di o seu alcalde

Escudo actual do Concello de San Xoán de Río.

 

O Concello de San Xoán de Río terá pronto un novo escudo. Esta necesidade “deriva dos problemas e inexactitudes existentes no escudo que actualmente está en uso, cuxas representacións heráldicas e composición non responden aos informes e normativas inicialmente aprobadas ao respecto, polo que se estimou oportuno corrixir a situación recurrindo aos historiadores, historiadores da arte e especialistas na heráldica de Galicia”, explica o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.

Neste senso, este luns 29 de xuño representantes do Concello de San Xoán de Río mantiñan unha xuntanza coa Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia para valorar as propostas máis axeitadas de cara á aprobación oficial dun novo escudo, así como a súa bandeira correspondente, “acordes en todo momento á historia e ao patrimonio cultural e natural do Concello”, adiantan.

 

Documento antigo do Concello que fai referencia ao selo municipal aprobado no século XIX./ Foto cedida.

 

Nas próximas semanas espérase ter a oportunidade de valorar e aprobar a proposta destes especialistas. “A xuntanza de hoxe serviu para acordar a necesidade de combinar na imaxe do Concello algúns dos principais valores do mesmo: a súa rica historia ao longo dos séculos, a evocación do selo municipal aprobado no século XIX, o seu patrimonio monumental e, moi especialmente, un patrimonio natural no que a auga e os castiñeiros teñen un papel fundamental. En definitiva, desde a área de Cultura o Concello de San Xoán de Río apostar polo pasado e o futuro dun concello que ben merece poñer en orde a súa imaxe corporativa”, indica o seu rexedor.

Artigos relacionados

Back to top button