ConcellosManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

San Xoán de Río e Manzaneda, libres de Covid-19

Estes dous concellos, xunto co de Trives, veñen de publicar nas redes sociais un cartel informativo, en colaboración do Sergas, do cribado do vindeiro martes

 

Despois de moitas semanas con casos activos de coronavirus, os concellos de San Xoán de Río e de Manzaneda volven estar libres de virus. En Río onte xa non se rexistraba ningún caso, mentres que en Manzaneda era hoxe cando o Concello recibía a noticia de que xa non hai positivos. Deste xeito o único municipio do PAC de Trives que continúa con casos activos é o da Pobra de Trives, cun total de 6, segundo os últimos datos publicados polo Concello nas redes sociais.

Ademais dende estes tres Concellos, en colaboración co Sergas, vén de publicarse un cartel informativo con relación ao cribado que terá lugar o vindeiro martes no pavillón polideportivo de Trives e ao que están convocadas 800 persoas destes tres municipios.

 

Artigos relacionados

Back to top button