CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

San Xoán de Río estrea escola de gaitas

Asistentes á xornada inaugural da nova escola de gaitas de Río./ Foto cedida.

 

Primeiro día de clases na Escola de Gaitas Municipal de San Xoán de Río e tamén inaguración deste novo centro formativo de música do municipio na mañá do 28 de setembro. O acto contaba coa presenza de Xosé Lois Foxo (fundador da Real Banda de Gaitas da Deputación e da Escola Provincial de Gaitas), así como do alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.

A profesora deste curso será Ari Pérez Rodríguez, quen interpretaba nesta xornada inaugural  3 pasodobres, unha rumba e unha muiñeira.

Nesta escola as clases impartiranse os sábados pola mañá, en horario de 11h. a 12h. para os máis novos e de 12h. a 13h. para os adultos. Ademais esta formación está aberta a xente doutro concellos.

Os interesados en acudir a esta nova escola poden ampliar información ou anotarse acudindo ao Concello de San Xoán de Río (de luns a venres de 8:30h. a 14:30h.), a través do teléfono 988 346002 ou a través do correo electrónico concello@concellosanxoanderio.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close