ConcellosÚltima hora

San Xoán de Río inscríbese no programa europeo de wifi libre en espazos públicos

O Concello recibirá no prazo dun mes a notificación de se finalmente entra neste proxecto

Vista de San Xoán de Río./ Foto cedida.

 

A WiFi4EU é unha iniciativa da Unión Europea que promove o libre acceso dos cidadáns á conectividade wifi en espazos públicos como parques, prazas, edificios oficiais, centros de saúde, etc. O Concello de San Xoán de Río vén de inscribirse esta mañá na terceira convocatoria deste programa a nivel europeo. Agora deberá esperar un mes para recibir a confirmación de se finalmente entra nel.

“O prazo para anotarse nesta convocatoria abríase hoxe ás 13h. e nós conseguimos meter a solicitude ás 13:01h. co cal pensamos que podemos entrar no programa xa que normalmente a selección faise sobre todo por orde de inscrición”, explica o rexedor de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez. Os concellos seleccionados recibirán 15.000 euros para contar con rede wifi nos espazos públicos.

Este programa aposta por que “esta conectividade inalámbrica local, gratuíta e sen condicións discriminatorias contribúa a pechar a brecha dixital, sobre todo nas comunidades onde é menor a alfabetización dixital, incluídas as zonas rurais e os lugares remotos”, segundo a información da UE.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close