ConcellosÚltima hora

San Xoán de Río, no “Bamboleo” do vindeiro sábado na televisión galega

 

Na tarde do 7 de xaneiro un grupo de corenta veciños de San Xoán de Río “cruzaron media Galicia, dende Río a Santiago de Compostela” en autobús para asistir á gravación do programa “Bamboleo”, da televisión galega, tal e como conta o rexedor deste municipio ourensán, Xosé Miguel Pérez.

Este espazo emitirase o vindeiro sábado 11 de xaneiro e nel regresa Super Piñeiro, se ben “o máis emocionante do programa será a competición entre as representantes da comisión de festas de RíoMola e de Santa María Alta de Lugo capital”, indica o rexedor. As mozas Ari e Miriam representan a San Xoán de Río neste concurso que busca financiar as festas da comisión gañadora.

Fotos cedidas por Ari.

Artigos relacionados

Back to top button