DeportesÚltima hora

San Xoán de Río prepárase para a “gran festa do fútbol sala”

O acto terá lugar o 30 de decembro dentro da iniciativa RíoSolidaRio coa que se pretende crear un banco de alimentos

A piques de rematar o ano, o sábado 30 de decembro ás 17 horas no Polideportivo de San Xoán de Río celebrarase a “gran festa do fútbol sala” incluída dentro do RíoSolidaRio, a primeira recollida de alimentos non perecedoiros de San Xoán de Río.

Tal como adiantan dende a organización, a AC RíoMola, para acceder ao recinto tanto xogadores como espectadores deberán aportar polo menos un quilo de alimentos, e por cada un recibirán un número para participar no sorteo de agasallos entre todos os asistentes á festa deportivo-solidaria.

Os alimentos serán recollidos para a campaña RíoSolidaRio e o martes 2 de xaneiro de 2018 serán entregados á asistenta social do Concello para crear o “primeiro banco de alimentos de San Xoán de Río”.

Máis información no Facebook: Asociación Cultural RioMola.

Artigos relacionados

Back to top button