Promovida polo Club Montaña Trives, terá lugar o venres 23 de agosto, ás 9:00 horas, dende a Praza Pedro Fernández
A “Andaina da Fraga” será organizada polo Club Montaña Trives en San Xoán de Río o vindeiro venres, 23 de agosto. A súa saída será ás 9:00 horas. Cunha dificultade baixa, partirá dende a Praza Pedro Fernández, e o percorrido será de 7 quilómetros, o que se traduce en dúas horas aproximadamente.
O prezo para os socios do club será de 5 euros e para os que non o sexan, será de 8 euros, incluíndo unha bolsa de avituallamento. Así, as inscricións poderán facerse ata o día 20, na Oficina de Turismo de Trives, no Concello de San Xoán de Río (627 78 08 91), ou a través do email club.montana.trives@gmail.com.