ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río recupera o servizo de taxi

 

Neste mes de decembro San Xoán de Río vén de recuperar o servizo de taxi, que estaba inactivo dende o pasado febreiro. Agora mesmo funciona un taxi neste municipio, o de Óscar Palomo (988 34 60 65) co que se dá resposta a unha necesidade da veciñanza.

“Esta era unha das grandes demandas dos veciños, ata agora tiñan que pedir taxi a Castro Caldelas e Trives, tendo un sobrecuste importante para os traxectos”, sinala o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, tras recuperar este servizo.

Artigos relacionados

Back to top button